Planifícanse as actividades de control das diferentes fases do proxecto elaborando un plano de puntos de inspección, procurando que estes se intercalen no proceso productivo, interferindoo o menos posible.
Nas obras de montaxe, antes de inicialas desenrólase un plano de traballo, no que se estudian de forma pormenorizada tódalas fases e detalles de izado e ensamblaxe de elementos de grandes dimensións, ou de gran peso, ou que obriguen a grandes radios en grúas móbiles. Desenrolando os debuxos, gráficas, etc. que se consideren necesarios, establecéndose por tanto un procedemento de execución previo.
Os traballos que o requiren, teñen procedementos de execución desenrolados por escrito, os cales se atópan debidamente arquivados; e que son revisados, cando na práctica, por novas disposicións de normas ou experiencias propias da empresa, considérase que poden ser mellorados.
Cada ensaio ou inspección rexístrase por escrito e adxúntase nun informe final da propia empresa, ou no seu caso, dalgunha entidade de control escollida polo cliente, así como homologacións de procedementos, soldadura, certificados de materiais, etc.
En tódolos procesos productivos perséguese a optimización dos mesmos por medio de planificación previa, control da execución con carácter preventivo e análise de resultados.
|


|